Monday 13 de May de 2024

Medio cento de veciños e veciñas participan nos obradoiros gratuítos de máscaras e de maquillaxe do Concello de Frades


Medio cento de veciños e veciñas, entre eles unha trintena de nenos e nenas de ata 14 anos, participaron nos obradoiros gratuítos de máscaras e de maquillaxe organizados polo Concello de Frades. Entre as catro e as sete da tarde, o edificio multiúsos de Cimadevila acolleu unha festa con obradoiros, música e xogos para os nenos e nenas, que asistiron disfrazados, gozaron dunha merenda de entroido e levaron unhas lambonadas para comer na casa. A festa contou coa presenza do alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez.